30/1/09

"Así nacen as baleas", o xeo emocional


O libro ten unha lectura doada de comprender no vocabulario mais un chisco retorta no argumento ao comezo da narración.
A escritora, para contar as vidas dunha familia e o seu xeo emocional, recorre a xogar cos tempos a través da historia. Converte a vida dos personaxes nunha mostra das frustracións do ser humano, cando as dificultades son acolleitas como xeradoras de afastamento familiar, facendo que se sintan illados aínda na presenza dos outros.
As frustracións: dunha muller, que pariu pero non foi nai; doutra, que viviu a maternidade allea; da muller, que sente un baleiro no seu útero sen vida; dunha filla, que nunca o foi; a duns homes, que só fan sombra cara á outra beira da vida.
Só un personaxe sae libre dela, o fillo no seu mundo cetáceo, o desacougo e o que os demais senten ao ver.
Gozo moito no club de lectura, o feito de comparti-lo lido con varias mentes pensantes e cada unha do seu pai, é moi gratificante.

Chelo Fontán Carrera

No hay comentarios: