18/1/09

Club de lectura de galego


E logo? Que tal vos vai, amigas e amigos?

Como sabedes tivemos unha xuntanza na segunda (12 de xaneiro) e outra na quinta feira (15 de xaneiro). Falamos sobre todo de "Así falan..." e acordamos ler "O paso do noroeste" de Xavier Queipo (Ed. Sotelo Blanco).

Volveremos a vernos o 26 deste mes ás 17.15 (segunda feira) e tentaremos traer lidas até a páxina 37. Dádelle unha vista de ollos á páxina de X. Queipo, desde o noso blog.

En vista da menor asistencia á xuntanza do xoves 15, entendo que non hai interese en facela nese día da semana. A non ser, claro está, que me digades o contrario. Nese caso, espero a vosa resposta.

Ademais, aquel@s de vós que recibides estes correos sobre o club de lectura, se desexades que volo siga a mandar, dicídemo.

Xa comezaron a chegar os comentarios escritos para incluír no blog. (Éntrase a través da páxina da EOI de Vigo). En breve poderemos lelos.

Tamén en breve teremos a Anxos Sumai connosco, así que ide preparando preguntas.

Saúde e até loguiño

O coordinador

No hay comentarios: