9/1/09

Club de lectura de galego

Na xuntanza última (día 15 de decembro. Asistencia: 5 persoas) acabamos a lectura e comentario de "Así nacen as baleas", e acordamos o seguinte:

Reunírmonos o luns 12 de xaneiro de 2009 a partir das 17.15 h. para falarmos de novas lecturas.

Ademais, eu propoño tamén unha reunión o xoves 15 de xaneiro á mesma hora para os que queirades vir (para comprobarmos se hai interese por facer as reunións tamén os xoves)

Eu propoño, como nova lectura, "O paso do noroeste" de Xavier Queipo (Ed. Sotelo Blanco). Hai 5 ou 6 exemplares na biblioteca da escola.

Ademais lémbrovos que xa podedes traer comentarios escritos para incluír no blog (Entrase a través da páxina da EOI de Vigo).

Saúde e até loguiño

Moncho

No hay comentarios: