En Así nacen as baleas, unha moza volve á casa onde naceu por mor da enfermidade da súa nai. É unha novela que fala da incomunicación, da falta de amor e das ausencias, mais tamén do perdón, da madurez e da aceptación do propio destino.
É unha obra ben estruturada. Todas as tramas que xorden ao comezo da novela quedan ben resoltas ao final, porén, conséguese manter a tensión narrativa ao ir debullando, aos poucos, os complexos vínculos entre os personaxes.
Estes están ben construídos: os máis presentes están ben trazados e, dos ausentes, quédanos unha sensación de imprecisión. No entanto, penso que poderían desenvolverse dunha maneira máis ampla aspectos da vida da protagonista: a súa relación coa súa compañeira Ángela, os lazos de Felisa coa protagonista, coa nai e mais con Ramón, como é a vida dos tíos Cándido e Natalia...
Alén disto, considero que na novela se emprega un bo galego cun vocabulario axeitado e amplo e cunha escrita, por veces intimista, que é moi apropiada aos temas expostos no libro
Xurxo Estévez Alonso
No hay comentarios:
Publicar un comentario