O libro gustoume, pero entendino moito máis despois que o lin dúas veces.
Os personaxes son xente que non puido facer na vida o que quixera, senón que dende que naceu xa tiña a súa vida organizada. Isto vémolo ó longo do libro.
A protagonista é unha muller que nunca foi querida pola súa nai, e iso vémolo no seus sentimentos cara ós demais. Ela cando deixa un lugar esquécese de todo o que tiña alí. Non sente amor por ninguén, só sentiu cariño polo seu irmán morto, Ramón. Eu penso que ela é así porque non recibiu o amor da súa nai, e sempre mirou que a nai quería ó seu irmán e non a ela.
A nai é unha muller que sufriu moito na súa vida, casou pero nunca foi feliz porque o seu home estaba lonxe, tivo un fillo enfermo, que foi a razón da súa vida, e mirou como morría diante dela. Eu penso que toda a súa enfermidade de agora é polo seu sufrimento anterior, porque ela é unha muller intelixente, se non ela non tería tantas tendas polas cidades, pois ten ollo para os negocios, algo que o seu irmán non ten.
Ramón, “o fillo enfermo”, ten un corazón grande como unha balea, pero el dáse conta das cousas que pasan ó seu arredor. Cando a nai di: “temos un gran, bonito, fodido problema” el sabe que fala del. A súa irmá foi concibida para coidalo o día que morrese a nai, e quizais a súa morte foi unha liberación para a protagonista. Cándido, “o tío”, era un home que non tiña carácter, el aceptou a súa vida, aínda que moitas veces el dicía que era mellor que se embarcase de novo, quizais se sente agora frustrado na súa vida, e espera poder cambiala cando a irmá morra e venda todas as tendas.
O que vemos ó final do libro é que queda a esperanza nos protagonistas de poder vivir a vida como quixesen, a nai presenta un carácter máis doce, o irmán pensa poder dedicarse á horta que ten, a filla poder seguir estudando as baleas, e ter unha mellor relación coa súa nai.
Marta Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario