Así nacen as baleas é unha desas novelas nas que os seus personaxes e as súas vidas son totalmente cribles. É a historia dun retorno, dunha volta á casa non desexada...
A protagonista, unha rapaza nova, é quen tece a historia. Cun ton íntimo vai mesturando as lembranzas da súa nenez coas vivencias actuais, e agás na relación co seu irmán, en todas as demais relacións predominan uns sentimentos cunha forte carga de amargura, de dor, de soidade, de ausencias, de falta de cariño. É unha historia na que por uns ou outros motivos, ningún dos seus personaxes consegue ser feliz, xa que todos eles están condicionados por algo ou por alguén.
A linguaxe do libro resultoume sinxela e o seu desenvolvemento interesante, pero o seu final, ao menos para min, bastante previsible.
Liliana González Mejuto
No hay comentarios:
Publicar un comentario