21/1/09

Así nacen as baleas: páxinas de aire fresco en palabras.


Resulta certamente satisfactorio atoparse cunha lectura que interesa, está ben escrita, mantén a tensión ata o final e, polo tanto, entretén e fai gozar do pracer da lectura, que non é pouco. Así nacen as baleas, aínda que pequena en extensión (pouco máis de 150 páxinas), é unha gran novela. É grande como as baleas e como Ramón, que quería converterse nunha. Anxos Sumai consegue somerxer ao lector no pequeno universo dunha familia desconsolada, pero non o fai desde a traxedia gratuíta, senón desde a acción. Os personaxes desta novela son seres particulares, ben debuxados, aos que lles acontecen cousas, e a nós, aos lectores só nos queda preguntarnos Que pasará? E seguir lendo ata o final.

Vanesa Vázquez Iglesias.

No hay comentarios: