22/2/09

Reunión do club de lectura de galego


Saúdos e saúde, carísimas e carísimos:

Para o luns día 9 de marzo á hora habitual (17.15) temos a nosa conversa ou faladoiro na cafetaría da escola sobre "O paso do noroeste", de Xabier Queipo.
Desta feita darémoslle ao trapo e tamén ao tarabelo da lingua, como adoito, sen pasarmos do capítulo 10.
Convén, alén diso, lembrarmos que na seghunda feira anterior (2 de marzo) vai estar connosco Anxos Sumai para iluminarnos sobre a súa novela "Como nacen as baleas" e máis cousas.
Non faltedes.

Até logo daquela

M.

No hay comentarios: