18/2/09

"Así nacen as baleas", paixóns agochadas

Así nacen as baleas conta a historia dunha rapaza que non coñeceu o pai. Criada coa nai e os seus tíos, que lle cumpriron todos os caprichos, pero, ó mesmo tempo, cunha falta de cariño e de afecto por parte da súa nai; todos eses sentimentos, decepcións, paixóns agochadas na súa alma, volven de novo, unha vez regresa á casa. Quería marchar, pero tamén quería quedar ó lado da súa nai que, despois de todo, estaba segura de que aínda que nunca lle demostrara que a quería, á súa maneira queríaa moitísimo, só que non llo soubera expresar.

Josefa Chana Rodríguez

No hay comentarios: