14/2/09

"Así nacen as baleas", pouco traballada


g

Así nacen as baleas é unha noveliña sen pretensións de best-seller e poida que sexa xustamente iso o que a salva. É unha historia familiar que podía ter dado moito de si, pero que, baixo a miña óptica, está pouco traballada; cada un dos personaxes podería ter moito máis percorrido e mesmo algúns perder nel algo do seu arquetipo ata resultar un pouco máis persoal.

Poida que pareza unha crítica pouco construtiva e algo pedante, pero é a miña sincera opinión. Son lectora empedernida e nada selectiva: leo todo canto cae na miña man, pero adoito dicir o que penso de cada cousa que leo. Sobre gustos non hai nada escrito... e a min non me gustou.

Recoñezo non obstante a facilidade da lectura do libro, cunha linguaxe clara e nada rebuscada así como unha sintaxe sinxela e doada. Abusa, penso eu, das voltas atrás no tempo. Pero todo isto é a miña opinión...

Begoña O. Fernández González

No hay comentarios: