4/2/09

"Así nacen as baleas", conflito xeracional


Así nacen as baleas é unha viaxe a través do tempo, unha crónica reflexiva redactada en primeira persoa sobre distintos períodos da vida. Un retrato íntimo e persoal; un extenso monólogo no que se pode adiviñar que a protagonista é unha extensión do pensamento da autora. É a historia dunha familia onde se reflicten os conflitos xeracionais por mor dos roles instituídos por adiantado. Unha metáfora irónica sobre o papel que xogan os cartos na vida e nas reivindicacións persoais. Un relato escrito nunha linguaxe directa, adobiada cun erotismo atrevido no que a escritora aborda un tema tabú como son as relacións incestuosas. Unha historia ateigada de vida, de traxedia, de amor, de odio, e asemade, de simples aventuras amorosas. Literatura fresca de indiscutible calidade na que o lector pasa a ser protagonista directo do contexto.
JJ. Armando Soto M.

No hay comentarios: