5/2/09

"Así nacen as baleas", escrita renovadora


En liñas xerais, o libro gustoume moito aínda que teño que recoñecer que o comezo non foi do meu agrado. Pareceume que carecía de sentido e non daba relacionado as distintas partes da historia polo que a súa lectura non me atraía moito. Mais, a medida que avanzaba e pasaba as páxinas, fun encaixando todo e rematei gozando con todos os personaxes e historias reflectidas na obra.
Trátase dun libro completamente renovador posto que non se semella a ningún dos que xa lera no que aflorarán os sentimentos e emocións do lector ante as diferentes situacións persoais coas que se terá que enfrontar ao longo da lectura, principalmente con Ramón como protagonista. Ademais, nun segundo plano, o libro presenta una serie de temas para a reflexión do lector e da propia sociedade: desprezo das persoas con minusvalías psíquicas, incesto, abandono familiar por parte do pai, carencia de cariño e afecto familiar, intereses económicos...
Miguel López Docampo

No hay comentarios: