12/2/09

"Así nacen as baleas", desde a reflexión


É unha novela baseada na historia memorial dunha familia rota polo seu pasado e polo seu presente. Unha novela que transmite sentimentos de tristeza a través dos seus personaxes e que dá ao lector esperanzas de que todo cambie antes de chegar ao final da lectura.

É un libro de fácil comprensión, cunha historia ao meu parecer moi ben contada, onde o pasado e o presente conflúen, finalmente, nun mesmo punto de encontro e que fai reflexionar sobre moitos aspectos da vida, de feito en moitas ocasións, vinme identificada con algúns dos personaxes.

Unha reflexión sobre como a propia vida está chea de condicionantes que impiden que poidas ser completamente libre, que por moi lonxe que vaias sempre hai algo que fai que volvas, a obtención da liberdade que nunca se achega.

A personaxe que máis me gustou foi a nena, porque transmite rebelión e busca a diferenza na súa propia identidade.

Flori Veloso Pérez

No hay comentarios: