23/2/09

"Así nacen as baleas", historia dunha liberación



Anxos Sumai no seu libro Así nacen as baleas, conta a historia dunha liberación a través da ollada dunha muller cunha linguaxe na que personaxes e relato conflúen para describir o mundo desde a ollada diferente dunha rapaza e do seu irmán discapacitado psíquico.

Así nacen as baleas é o regreso á casa, á orixe familiar dunha muller que volta desde California, onde traballa como bióloga coas baleas. A narradora da novela debuxa o seu pasado coa axuda da lembranza da figura do seu irmán Ramón, un neno con problemas psíquicos pero que é o único que xoga con ela e a fai rir.

A rapaza (sen nome) ten unha historia triste. Non chegou a coñecer ao seu pai, a súa nai nunca a tratou con cariño, o seu tío é indiferente con ela, a única persoa coa que de verdade se sente ben é con Felisa, a súa aia, e coa súa tía, quen a chama para que vol­va e se faga cargo dos negocios, cando súa nai decide encerrarse no seu cuarto.

A novela ao principio é difícil de entender pero a medida que te mergullas nela todo acaba encaixando. Os sentimentos, os condicionantes sociais e a biografía desco­bren un mundo cos ollos dunha muller nova que non está disposta a aceptar o que se lle pide, quere vivir neste mundo dun xeito diferente.

A min persoalmente a obra gustoume moito.

Alba Pernas

No hay comentarios: