21/11/08

Xuntanza do club de galego

Na xuntanza desta pasada quinta feira (13 de novembro) acordamos o seguinte:

a) Reunírmonos o luns 24 de novembro a partir das 17.30 h., na cafetaría da escola de idiomas, para falarmos do libro proposto. (Lede polo menos até a páxina 43).

b) Non está decidido aínda o día definitivo de reunións.

c) O libro que propuxemos ler é "Así nacen as baleas", de Anxos Sumai (Ed. Galaxia).

d) A idea é que por volta das datas en que comezan as festas do Nadal veña a autora.

e) No blog do club de lectura haberá informacións e propostas sobre o libro. (Entrase a través da páxina da EOI de Vigo).

O club de lectura segue aberto a calquera suxestión dos seus membros

Saúde e até loguiño

No hay comentarios: