27/11/08

Club de galego. Resultados da última reunión.


Ola de novo, amigos e amigas,

na proveitosa xuntanza desta pasada segunda feira (día 24 de novembro. Asistencia: 7 persoas) acordamos o seguinte:


Reunírmonos o luns 1 de decembro a partir das 17.15 h., na cafetaría da escola de idiomas, para falarmos do libro proposto: "Así nacen as baleas", de Anxos Sumai (Ed. Galaxia).

(Hai que traer lida polo menos a primeira parte).


Outra cousa: xa podedes redactar comentarios para incluír no blog. (Éntrase a través da páxina da EOI de Vigo).


O club de lectura segue aberto a calquera suxestión.


Saúde e até loguiño

No hay comentarios: