Así nacen as baleas enganchoume dende o primeiro intre. En canto comecei a lela, a verdade que me custou parar. Dende o principio fóronme intrigando cousas como que lle pasaba á nai ou como morrera o irmán. O libro gustoume bastante. Non é difícil de ler e é entretido. A historia que conta é dura, pero parece que vista a través dos ollos da protagonista lévase mellor xa que polo menos ela si leva, academicamente falando, a vida que sempre quixo, aínda que esta estea marcada polo seu triste pasado.
Marta Cid Constela
No hay comentarios:
Publicar un comentario