10/2/09

"Así nacen as baleas", a incerteza da sorte

Atopámonos cun libro máis ben curto e de lectura sinxela, pero que require certo grao de atención para seguir o fío da historia, sobre todo no inicio. Unha vez que superamos este pequeno e sinxelo atranco, o lector pode relaxarse e seguir o guión dunha historia que nos coloca na vida dunha familia pouco respectada pola sorte en canto á saúde, nada agraciada en canto ás relacións entre parentes e acariñada pola sorte dos cartos. As relacións familiares lonxe de seren máis achegadas canto maior é o parentesco, parece que arrefrían canto máis lazos hai (como exemplo temos o caso dos pais e da relación da nai coa filla).

Unha vez centrados neste punto, o libro ten unha traxectoria sinxela e non amosa grandes sorpresas para o lector, quen unicamente ten que deixarse enchoupar na sucesión de acontecementos marcados pola personalidade de cada un dos personaxes.

José Manuel Carnero González

No hay comentarios: