- Martes, 24 de maio,
- ás 18.00 h,
- Aula 29 da escola.
Mais antes vémonos no 17 de maio no acto de Queremos Galego na concentración-lectura de poemas de Lois Pereiro e Castelao. O acto comeza ás 13.30 na praza da Princesa, en Vigo. @s que queirades participar na lectura póndevos en contacto cos organizadores a través deste enderezo electrónico: observatorio@amesanl.org
Alí estaremos!
Seguimos a publicar opinións sobre os libros anteriores.
MORNING STAR DE XOSÉ MIRANDA (Edicións Xerais de Galicia)
Novela de bandoleiros e aventuras, con tesouro polo medio á semellanza das de piratas.
Desenvólvese na metade do século XIX, pois nela se fai referencia aos acontecementos histórico-políticos do levantamento revolucionario do xeneral Solís e á posterior matanza de Carral.
Está contada en primeira persoa por Lourenzo Tasende. Nela descríbenos a súa vida chea de traballos, sacrificios e carencias materias e afectivas. Tivo que aprender a facer toda clase de tarefas, menos ir á escola e aprender a ler e escribir; como el mesmo lamenta nun parágrafo.
Axiña se ve enleado nas falcatruadas arrepiantes da gavela de bandoleiros, en que é participe o seu pai.
Despois de cada asalto, Lourenzo reflexiona e pensa que aquilo vai en contra da lei e dos bos principios e soña con cambiar de vida. E así o fará despois de moitas vicisitudes e sufrimentos entre os bandoleiros, e coa axuda da súa namorada de cabelos dourados e os seus devanceiros fidalgos.
A seguir transcribo un parágrafo que ilustra esta reconversión:
Atopei a Helena, o anxo que me salvou do meu propio eu; atopei unha familia, sen a que non sería cousa; atopeime a min mesmo e antes ca nada, atopei o tesouro que me permite ser o que son: aprendín a ler, e por iso podo contalo. Xulgade vós cal dos catro é o máis valioso.
É a primeira novela de bandoleiros que leo e podo dicir que me gustou moito. A súa lectura é moi doada e desenvólvese na nosa Galicia que dá moita proximidade, pois sempre acostuman ser estas temáticas de terras alleas.
Bene Freiría
No hay comentarios:
Publicar un comentario