15/2/11

Volve o blog

Ola a tod@s!!

Despois dunha boa temporada co blog sen actualizar, comezamos na metade do curso a actualizalo. Hoxe é o 14 de febreiro de 2011: Un día como outro calquera. Disque día dos namorados. Mais coidamos que para os namorad@s non hai un día só. Ten que ser, é, os 365 días do ano por xunto. Nós, -eu- neste día proclamamos –proclamo- o noso apaixonamento pola diversidade, pola variedade, pola igualdade de todas as paisaxes, culturas e pobos, da natureza, das persoas. Das linguas. Apaixonad@s por todas e apaixonad@s pola nosa, que é a dos nosos. Que tamén está no mundo. Apaixonad@s polo galego todos os días do ano. Eis o noso día dos namorados. Eis –con Castelao- a nosa declaración, e queremos que figure na portada desta nova etapa:

“Ningún idioma alleo –por ilustre que sexa- poderá expresar en nome do noso os íntimos sentimentos, as fondas dores e as perdurables esperanzas do pobo galego; se aínda somos diferentes e capaces de existir, non é máis que por obra e graza do idioma” (Castelao)


Ben, comezamos a pórvos ao corrente das actividades do noso club de lectura. A intención é tamén volver sobre obras xa lidas. Agardamos contar coa vosa colaboración.


Na xuntanza desta terza feira pasada (8 de febreiro) acabamos de comentar a novela de Manuel Portas "Denso recendo a salgado". Na seguinte ocasión e por acordo de tod@s imos facer, por segunda vez, a lectura dunha obra que podemos denominar "clásica", (como no caso do ano pasado con Cantares gallegos). Trátase d'A esmorga, de Eduardo Blanco Amor.

Quen quixer pode ler esta xurdia novela na última edición de Galaxia que, como xa sabemos, recupera pequenos anacos que foran censurados.

A data para levarmos lida A Esmorga é o 22 de febreiro (terza feira ou martes) ás 18.00 horas na aula 29.

Por outra banda, non vos esquezades de escribir algún comentario sobre calquera aspecto da novela de Portas. Pode valer tamén algún anaco do texto de que gustastes especialmente. Ou outras cousas que se vos/nos ocorran. Porémolas no blog.

Isto último tamén vale para a novela de Ribeiro Coello.

Cumprimentos para tod@s e avante, Club de lectura!!
, avante lingua galega!!

2 comentarios:

carmene dijo...

Gustoume moito. ten moitos personaxes, todos importantes, como pasa na vida mesma, e deixa o final aberto. O mundo no deixa de roladar porque nós paremos.

É estupendo eso de ler "A Esmorga", eu xa a lin fai moitos anos.

carmene dijo...

carmen dice que o do blog, moi ben


AVANTI A LA NOSA LINGUA