27/3/10

Carlos Casares, O sol do verán

Ola, amigas do club de lectura:

Na reunión do mércores pasado acordamos ler a novela de Carlos Casares titulada O sol do verán (Galaxia). Tamén quedamos en ir preparando A fiestra baldeira de Rafael Dieste (Ediciós do Castro) para ler máis para adiante nalgunha sesión entre todos.

A próxima xuntanza será o mércores 14 de abril ás 18.00 h, trataremos de levar lidas até a páxina 138.

Vémonos o 12 de abril na conferencia-coloquio con María Xosé Queizán.

Saúdos

Moncho

1 comentario:

carmene dijo...

´Creo que unha boa elección.
A prosa de Casares é inesquecibel
O libro é tráxico pero agarimoso