4/2/10

Novas do Club de Lectura de Galego

Na terza feira pasada (2 de febreiro) acabamos a lectura e comentario de Amor de tango de María Xosé Queizán, de que gostamos moito.

Estamos á espera de recibir os vosos comentarios sobre esta novela que rescata a memoria da nosa cidade, a memoria de tempos de grandes esperanzas, esa historia tantas veces esquecida, a loita polos dereitos das persoas e polos dereitos das mulleres. Coñecemos nela feitos que nin imaxinabamos e recomendamos vivamente a súa lectura a todos á espera de podermos conversar coa autora en datas próximas.



Ímonos agora centrar en Cantares Gallegos de Rosalía Castro. Xa falamos o 19 de xaneiro pasado do prólogo e do poema máis antigo: Adiós ríos, adiós fontes. Para a próxima xuntanza (mércores 14 de febreiro de 2010) traeremos lidos os primeiros 24 poemas. E, xaora, a darlle á lingua.

Pasan naquesta vida

cousiñas tan estrañas,

tan raros feitos vense

neste mundo de trampa;

tantos milagres vellos,

tan novas ensinanzas,

e tan revoltos allos

con nome de ensaladas,

que non che digo nada...

Pero vaia!

Lembrade que mudamos o día de reunión.
Vémonos o día 23 de febreiro, mércores. Deica logo!

1 comentario:

carmene dijo...

é unha ledicia para @s que temos a sorte de vivir e coñecer Vigo
quizais haxa quen o entenda daquela maneira, pero é un libro entretido
noraboa