23/10/09

Primeira xuntanza do curso 2009-2010


Ola a todos, amigas e amigos,

este xoves, 29 de outubro, imos ter a primeira reunión (do ano 2009-2010) do club de lectura.

Trataremos os seguintes asuntos:

Establecemento do día (ou días) e hora da tertulia.
Escolla do 1º libro que imos ler.
Funcionamento do grupo ou grupos.
Outras posibles propostas.

Acudide os que esteades interesados. Podedes facer as vosas propostas en calquera dos aspectos.

Lémbrovos que no Club poden participar alumn@s, profesor@s e persoal do centro.

DÍA: xoves 29 de outubro
HORA: ás 18.00
LUGAR: cafetaría da escola de Idiomas.

1 comentario:

carmene dijo...

ROMANCE A ROSALÍA



Moitas grazas Rosalía
Por seres toda unha muller.
Por haberes sufrido tanto,
e non deixarte morrer.


Colliches ,por contra
a pluma para escribires
e, que ben! Que mágoa
Que por aquel entón
Eu non o puidese ler.

Os teus libros e poemas.
non deberiamos deixar de ter,
pois son a cousa máis fermosa,
que nos fai enfebrecer.

Triste foi a túa vida.
Coma a terra, a miña terra,
que un día te vira nacer.



(data sen precisar)

25/01/2010 17:49:46